25 de feb. de 2021

A CARNE TENREIRA GALEGA

 Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A

A carne amparada pola IGP Tenreira Galega presenta unhas características sensoriais específicas e excepcionais, como consecuencia de que procede de animais novos, principalmente da raza Loura Galega e os seus cruces, cunha alimentación tradicional de máxima calidade; leite materno, forraxes, concentrados de orixe exclusivamente vexetal; e polo peculiar manexo e sistema de produción dos gandeiros galegos.
  A carne de Tenreira Galega varía dunha cor rosa clara, no caso de tenreira, ata un vermello suave. Ao corte presenta un aspecto  magro, de consistencia firme, lixeiramente húmido e brillante, con graxa de cor branca  nacarado e suaves  irisacións amareladas, distribuída  homoxeneamente. A súa textura é suave e con músculo de gran fino.


É unha carne que destaca polo seu intenso e agradable sabor, cunha extraordinaria  terneza,  xugosidade e  suculencia. En definitiva, Tenreira Galega, e sobre todo Tenreira Galega Suprema, é unha carne para padais exquisitos e esixentes, que buscan sensacións únicas e especiais nunha carne de vacún.
 
Propiedades.
A carne de vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta sa e equilibrada, destacando polo seu elevado contido  proteico.
As proteínas cárnicas son de moi alta  dixestibilidade e gran valor biolóxico, xa que achegan  aminoácidos esenciais que son necesarios para funcións como o crecemento e reparación dos tecidos do noso organismo.
É rica en vitaminas B: a  tiamina e  riboflavina son necesarias para un bo funcionamento do sistema nervioso; a  niacina axuda ao mantemento do crecemento orgánico; a  B5 e a  B6 no metabolismo dos  carbohidratos e proteínas; e a  B12 na produción de  hematíes.
En os minerais, destaca o seu alto contido en fósforo, que estimula o desenvolvemento intelectual e que xunto co calcio son necesarios na formación de ósos e dentes. Tamén ten  magnesio que é necesario para o funcionamento orgánico así como ferro para evitar as anemias.


Ningún comentario:

Publicar un comentario