O día 1 de decembro, os
alumnos de bacharelato acudimos a una charla sobre os nenos e as nenas soldado,
un tema moi grave na actualidade.
A charla comezou cunha breve
introdución sobre que eran os nenos e nenas soldado. Son nenos de menos de
dezaoito anos que foron recrutados de forma violenta, sobre os que se abusa psicoloxicamente
con ameazas para combater nas guerras. As persoas que os recrutan son soldados
do exército que tamén combaten nas guerrillas e que adestran a eses nenos para
que eles tamén loiten.
Preto de 300.000 nenos e
nenas están sendo obrigados a loitar en guerras actualmente, una cifra
totalmente preocupante. Estes nenos e nenas forman o 10% dos ocupantes de
moitos exércitos.
O país máis afectado é
África, e dentro dese continente son países como República do Congo, Chad e
Sudán os que máis involucrados se ven neste problema social. A parte de África
tamén hai outros países nos que hai nenos e nenas soldado, como son Afganistán
e Colombia, entre outros.
Na charla tamén se falou de
Momar Badiane, un fotógrafo senegalés que realizou una exposición de
fotografías sobre como se recrutan e se empregan ós nenos soldados.
Posteriormente,
proxectáronse una serie de vídeos sobre este tema.
O primeiro vídeo trataba sobre
varios testemuños de persoas que foran recrutadas cando eran moi cativos e
sobre a parte máis difícil desa vida tan dura, que era a reintegración social.
Cando eses nenos e nenas conseguían escapar desas guerras, a sociedade non
adoitaba confiar neles, polo que era moi difícil a súa reinserción.
Nese mesmo vídeo, fíxose una
pregunta moi interesante: Cando se deixa de ser vítima e se comeza a ser vitimario?
É dicir, en que momento deixan os nenos de ser vítimas dun recrutamento e en
que momento comen a ser asasinos, xa que aínda que o fagan de maneira formada,
eses nenos ,na guerra, matan persoas.
En canto ao segundo vídeos,
era un vídeo sobre unha historia concreta, a de un neno que non recordaba o seu
verdadeiro nome, xa que cando estes soldados o recrutaron, asignáronlle un
alcume de guerra.
O terceiro vídeo trataba
sobre unha serie de testemuños de nenos que foran soldados xa dende moi
cativos.
Por último, vimos un vídeo
musical no que a canción trataba sobre os nenos e nenos soldados, e que foi
composta por un famoso cantante español.
En canto a miña opinión,
está claro que estou en contra desta atrocidade. Paréceme surrealista que en
pleno século XXI siga existindo isto, cando nunca tivo nin sequera que comezar.
É moi triste o que lle fan a
eses nenos, arrebatarlles os seus dereitos, obrigalos a empregar armas e ata
matar xente, ás veces incluída a súa familia, con tan pouca idade, e aínda que
tiveran moitos máis anos, seguiría sendo algo que non se podería consentir.
Isto é un grave problema
social que deixou máis de dous millóns de mortes, unha cifra extremadamente
alta.
Por sorte, a ONU programou
un plan de axuda para baixar esa cifra de nenos e nenas recrutadas. Ao parecer
está funcionando, pero non elimina de todo o problema.
O máis grave de todo, é que
isto non é unha situación actual, senón que sempre existiron nenos e nenas
soldados, e parece mentira, que pasados tantos anos non se conseguirá rematar
con isto.
Saioa Zozaya
Fernández
1º Bach A
Hoxe
tivemos unha charla sobre a situación de nenos e nenas soldado en países do 3º
e 2º mundo, e de como son adoutrinados, formados e a súa vida adulta.
A gran
maioría dos nenos soldado son basicamente escravos tomados tras a conquista dun
territorio, os pobres rapaces son extraídos de toda vida anterior que tiveran,
e a súa educación é substituída polo ensino de calibres e armas.
Logo,
presentaron os dous futuros posibles para os nenos soldado; un deles, o
descenso na ira, no que un neno soldado en África se converteu nun sanguinario
asasino de masas. Que hoxe en día se atopa en espera de xuízo, aínda que moitos
dubidan no procedemento, no que me atopo, pois por unha parte, esa persoa
atópase trastornada pola súa infancia, pero pola outra, o cortés non quita o
valente, cometeu os crimes a conciencia.
Tamén
se viu a outra cara da moeda, unha muller en Colombia, criada nas FARC, e
reintegrada na sociedade, conseguiu adaptarse e mesmo ela fundou unha sociedade
para ex-Nenos Soldado.
A
situación continúa sendo que hai 300.000 nenos soldados aí afora, sen eu non
poder facer moito por eles.
1ºBach A
Estes, son
nenos e nenas de entre 6 e os 17 anos aos que obrigan a coller un arma para
asasinar.
Si, isto é
unha triste realidade que leva ocorrido dende hai moitos anos, por non dicir
toda a vida. Eu coñecía isto, pero non sabía que puidese ser tan grave, non ata
hoxe. O noso instituto convidou a Roberto Mansilla Blanco, que tivo o pracer de
achegarnos información sobre estes casos. Comentou moitas cousas, e púxonos vídeos
que a algúns de nós, puxéronnos a pel de galiña.
Aproximadamente
arredor do mundo hai uns 300.000 nenos e nenas soldado. Primeiro fan a estes
nenos vulnerables psicoloxicamente para que vaian con eles. Falounos sobre
Momar Badiane, que é un debuxante senegalés que fai unha denuncia sobre estes
nenos.
Tamén nos
falou sobre Ongwen que foi un neno soldado dende os 10 anos e ao que xulgaron
de todos os delitos que cometeu de adulto cando foi comandante dun grupo
guerrilleiro.
Nun dos vídeos,
aparecía unha rapaza que foi a un grupo de reintegración de nenos soldado, e
falaba de que o peor é volver a integrarse nunha sociedade, porque non ten
casa, nin diñeiro, nin emprego, está sen nada.
Estes nenos
son como escravos, e prívanos dos seus dereitos, de ler, de escribir…
“Non sei nin
ler nin escribir, pero sei o nome de todas as balas e metralladoras que hai”,
estas son as palabras dunha nena que se atopa nesta situación.
Eu opino que
é moi triste que rapaces da nosa idade e máis pequenos teñan que sufrir iso,
pasar toda a vida loitando en conflitos que nunca terminan, e aínda que acaben,
estes nenos teñen moito rancor acumulado. Moitas veces os comandantes míntenlle
aos nenos para que maten, por exemplo, dinlle que eles foron quen mataron aos
seus pais e teñen que vingar a súa morte. Os nenos teñen que xogar, ter unha
infancia, aprender a ler, a escribir.
Elena Texeira Alvar
1º Bach A
Ningún comentario:
Publicar un comentario