Os alumnos e alumnas de 3º de
ESO do Xesús Taboada Chivite asistimos toda a semana do 15 de novembro a unha
inmersión lingüística nos Peares. Estaba
situado nun lugar moi bonito con marabillosas estancias ao lado dun enorme
embalse.
O noso horario era moi simple,e
dividíase en 3 seccións:
-ALIMENTACIÓN: tiñamos 5
comidas ao día,o almorzo,as 9 aproximadamente;a media-mañá,as 12;a comida que
era entre as 2 e as 3;a merenda,polas 6-7 da tarde e a cea as 9-10 da noite.
-ACTIVIDADES E CLASE: pola mañá
tiñamos todo clase agás o tempo da media-mañá,e despois íamos comer.Despois
tiñamos actividades diarias pola tarde que cada día eran diferentes e clase
pola tarde.E pola noite,despois de cear,tiñamos a actividade nocturna,que tamén
era diferente cada día.
-TEMPO LIBRE: tiñamos pouco
tempo libre,pero tampouco o necesitabamos moito,despois de comer tiñamos media
hora aproximadamente para ir a sala de xogos ou facer o que quixésemos de
lecer.
Fixemos milleiros de
actividades,pero sempre utilizando o inglés para comunicarnos,diso se
trataba,mellorar o inglés.As clases foron moi variadas,tratamos temas case
todos referíndose a contaminación,tamén fixemos moitos xogos con iso.Despois
tiñamos clases de cada país,porque estabamos divididos en países,e o último día
teriamos que expoñer o noso país e os seus costumes diante de todos.Non só
estivemos naquel recinto,senón que fomos a outros lugares para facer outras
actividades como: ir a un pavillón a outro pobo camiñando para o día
olímpico,dar paseos e ver onde se une o río Sil e o Támega, fomos a un museo de
ferrocarril...Nas actividades ou xogos de todos os días tivemos moitas e moi
diferentes,puidemos sentir o vicio de ir a un casino,xogar ao “Tuttifrutti”
xigante,xogar a gran busca do tesouro…
Ao final creo que foi unha
semana bastante divertida,que serviu para mellorar a fala co inglés e,dalgunha
forma,saír da rutina de instituto que estabamos acostumados.Foi unha
experiencia moi boa e si se puidese repetir,repetiríaa sen dúbida.
Alejandro Cid Pazos 3ºESO-A
Nº10
As
habitacións eran de 4 camas, 2 liteiras, cunha cama arriba e outra abaixo, 1
baño, cunha ducha e 2 pilas para lavarnos os dentes.
Polas mañás,
erguíamonos as 8:00, dábannos 10 minutos para vestirnos e facer a cama, e logo
subíamos todos a almorzar. A comida estaba rica e era sana.
Respecto as clases, pola mañá tiñamos 2 horas
de clase, na que faciamos una ficha e falabamos en Inglés. As 13:30 comiamos,
despois de comer lavábamos os dentes e tiñamos 30 minutos de tempo libre, no
que xogábamos ao futbolín ou o ping pong. Polas tardes, faciamos una
actividade. A máis divertida foi cando fomos a un pavillón no que pasamos toda
a tarde xogando a xogos como o fútbol, o rugby, saltar a comba, pero para
chegar e volver camiñamos máis de 5 km.
Outra tarde,
camiñamos recorrendo os Peares, é un lugar moi fermoso. Vimos o encontro do río
Miño e o Sil, debaixo dunha ponte moi grande e visitamos una casa do tren, con
maquetas de trens moi antigos que pasaron por alí.
Polas
noites, despois de cear, tiñamos actividades coma casino; que para min foi a
máis divertida, cine, discoteca…
Estabamos organizados
por grupos, cada grupo representaba a un país, eu era de Sudáfrica. Cada grupo
tiña que preparar una presentación do seu país. Pasámolo moi ben organizándoo
tanto como representándoo.
O último día
déronnos un diploma a cada un, cun nivel de Inglés.
Isto foi a
inmersión lingüística moi resumida, porque fixemos moitas cousas. Pasámolo moi
ben e aprendemos moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario