O profesor de tecnoloxía Enrique Álvarez tornou un piñeiro seco, nunha árbore branca, de ilusións e esperanzas. As pólas estanse enchendo de bolboretas de cores con desexos para o vindeiro ano.
Ata o día 21 de decembro seguiranse pendurando lepidópteros cargados de soños para o 2017.
Esperamos que todos estes desexos se fagan realidade.
No taboleiro aparecen os
propósitos do alumnado do instituto para o ano 2017.
Os alumnos de 1º ESO
reflexionan sobre o que significa o Nadal para eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario