Nunha
mañá fría saímos cedo cara a Ribeira Sacra. Unha zona máxica chea de viñedos e
mosteiros ao carón do río Sil, que separa as provincias de Ourense e Lugo.
O
primeiro que visitamos foi o Mosteiro de San Pedro de Rocas, único por estar escavado
na rocha natural. O estilo arquitectónico é románico e pertence a orde
relixiosa dos Benedictinos. A igrexa do mosteiro é do século VI. É un dos
templos cristiáns máis antigos que se coñecen. Alí o guía fíxonos un xogo de
preguntas e respostas sobre a Idade Media.
Comemos
no Mosteiro de Santa María de Montederramo. Por fin saía o sol e non facía
tanto frío. Este lugar sagrado pertenceu aos monxes cistercienses. O mosteiro
ten un claustro de estilo renacentista e un coro, onde puidemos sentarnos en
cadeiras de madeira do século XVI, foi o que máis me gustou.
Logo
fomos no autobús por unha estrada moi estreita, chea de curvas. Desde o
autobús, víase todo; os viñedos moi cerca do río. Parecía que íamos caer no
río.
Pola
tarde visitamos o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas do Sil, que é de estilo
románico e pertence á orde dos Benedictinos, que se recollían neste lugar
sagrado para meditar nos séculos XII e XIII. Está rodeado de árbores, pero unha
delas destaca porque ten un tronco moi raro. Tamén subimos ao campanario da
igrexa, pero faltáballe a campá.
Xa
de volta no autobus cara Verín pensaba que nesta excursión paseino moi ben.
Sara
Xing Moredo Martínez. 2º ESO C
Ningún comentario:
Publicar un comentario