13 de mar. de 2018

CONFERENCIA SOBRE A DOAZÓN DE ÓRGANOS






O mércores día 21de febreiro impartiuse unha charla sobre a doazón de órganos para os alumnos de primeiro de bacherelato, onde se nos falou da importancia que ten doar órganos.
A día de hoxe, en España realízanse entre dous e tres transplantes diarios. Para realizar estes transplantes, existe unha lista de prioridades e aquelas persoas que teñen máis risco de morte, son as primeiras en ser transplantadas. En practicamente todos os casos, os doantes son descoñecidos. Pero non todos podemos ser doantes, por exemplo, se hai risco de empeorar a saúde ou morrer, o doante será betado de doar, maioritariamente todos os doantes son persoas xa falecidas.
Actualmente podense transplantar practicamente todos os órganos e técidos do corpo e nos últimos anos incrementouse o número de doantes tanto por comunidades como a nivel xeral no país.
Previamente o transplante, compróbase que o órgano estea en ben para ver se é valido ou non.
En Galicia, só se realizan transplantes en dous hospitales. Un dos transplantes máis común é o de ril, normalmente o doante soe ser un familiar para garantir a compatibilidade. Por outra banda, o transplante de pel realizase en xente con queimaduras importantes.
Para evitar o rexeitamento de órganos, normalmente dánse uns fármacos, que evitan ese rexeitamento; os primeiros aparecen en 1960 e en 1967, realizase o primeiro transplante de corazón. 

Segundo a lei española, todos somos doantes a non ser que manifestemos en vida oposición.
A maioría dos órganos doados, son doados por cádaveres. Un cádaver pode doar: Ril, figado, corazón, púlmons, páncreas e intestinos, en canto a técidos doa: córneas e técidos osteotendinosos entre outros.
No futuro cálculase que a doazón terá  novos inmunosupresores, órganos artificiais, clonación de órganos e incluso a posibilidade de realizar transplantes de órganos de animais a persoas.

Uxía CarneroRodríguez 1º BAC B

Ningún comentario:

Publicar un comentario