20 de mar. de 2018

NIMBOSTRATOS DESCARGAN PINGAS DE USO SOSTIBLE DA AUGA SOBRE UN BOSQUE MÁXICO E POÉTICO

Este ano conmemoramos o día mundial da poesía (21 de marzo), da árbore (21 de marzo) e da auga (22 de marzo) de xeito conxunto, cun traballo cooperativo no que participaron profesores de tres departamentos: Bioloxía, Debuxo e Lingua Galega.
Na entrada do instituto instalouse un bosque máxico e poético, que recibe pingas de auga con recomendacións de consumo responsable.
Toda a estrutura foi deseñada e montada polo profesor Jarvier Rodríguez, empregando tres elementos:

  • Os debuxos de árbores realizados polos alumnos de 1º e 3º ESO coa profesora Margarita García. Podedes velos todos premendo na seguinte LIGAZÓN.
  • As pingas de auga de consumo responsable, feitas polo alumnado de 1º ESO, baixo a supervisión das profesoras Iria Relova e Rosario Romero.
  • Os poemas compostos polos alumnos de 1º ESO A e C a petición do profesor Xabier Álvarez, despois de contemplar os debuxos das árbores. Podedes lelos premento na seguinte LIGAZÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario