Había unha vez, nun afastado país, un príncipe novo que vivía nun escintilante castelo.
A pesares de ter todo o que podería desexar, o príncipe era egoísta, déspota e consentido.
Mais, unha noite de invernía, chegou ao castelo unha anciá mendiga e ofreceulle unha simple rosa a cambio de que lle dese acubillo, pola friaxe.
Repugnado polo seu desagradable aspecto, o príncipe desprezou o agasallo e expulsou a anciá... Pero ela advertiulle que non se deixase levar polas apariencias, porque a beleza se atopa no interior... E cando volveu rexeitala, a fealdade da anciá desapareceu, dando paso a unha fermosísima feiticeira .
O príncipe tratou de desculparse, pero era tarde de máis, pois ela xa vira que no seu corazón non había amor... E como castigo, transformouno nunha horrible besta, e lanzou un feitizo sobre o castelo e sobre todos os que alí vivían ...Avergoñado polo seu aspecto, o monstro encerrouse no interior do seu castelo , cun espello máxico como única fiestra ó mundo exterior.
A rosa que ela lle ofrecera era en realidade unha rosa encantada, que seguiría fresca ata que el cumprise vinteún anos. Se era quen de aprender a amar unha muller e gañar o seu amor antes de que caese o derradeiro pétalo,
entón, o feitizo romperíase... Se non, quedaría condenado a ser unha besta para sempre. Ó pasar os anos, comezou a impacientarse, e perdeu toda esperanza, pois.... Quen se ía namorar dunha besta?

Ningún comentario:
Publicar un comentario