Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A.
As orellas de entroido son unha sobremesa tradicional de Galicia que reciben este nome pola particular forma que teñen, similar á orella dun porco.
A gastronomía do entroido inclúe moitos
produtos que derivan do porco, xa que esta é unha época de abstención de certas
clases de carne. Por este motivo, creábanse réplicas dos alimentos que non se
podían comer con outros ingredientes. Por iso, é nesta época do ano cando se
adoita ver esta sobremesa nas pastelerías da comunidade autónoma.
Adóitanse presentar nunha fonte con azucre (branco ou glas) e canela. Nalgunhas zonas tamén se acompañan con mel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario