18 de dec. de 2020

PAN DE CEA, POSIBLEMENTE O MELLOR PAN DO MUNDO

 Redacción: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A

Un dos alimentos que seduce a todos os viaxeiros que pasan por Galicia , é algo tan sinxelo como o pan.
Entre todos os que se poden atopar en cada zona, caracterízase pola súa particular elaboración, o Pan de Cea, que conta coa Indicación Xeográfica Protexida. Elabórase con fariña de trigo , da que o 50% procede das variedades da Comunidade Autónoma de Galicia, coñecida coma “do país”, con adicción de auga potable e sal comestible, ao que se lle engade, para a súa fermentación, masa nai que procede dunha fermentación anterior. O amasado realízase en varias etapas, seguindo as técnicas ancentrais da propia zona, mediante un laborioso proceso artesanal. Por último, a masa cócese en fornos circulares de pedra granítica de deseño característico.
Ten unha forma alongada e redondeada nos seus extremos, cunha fenda transversal no centro da súa parte superior , diferenciando a peza en dúas partes iguais, curvadas e ensambladas entre si.
A obtención do produto ten un proceso artesanal, transmitido de xeración en xeración, adaptándose á lexislación actual sen perder a súa propia e característica identidade


Ningún comentario:

Publicar un comentario