Redacción e audio: Ana Gago Prieto, 1º ESO B.
Primeiro, tes que chamar
rápido ao 911, 061 ou 112, xa que teñen o equipo necesario para curarte.
Mentres esperas a que chegue a axuda médica, segue os seguintes pasos:
- Alónxate da serpe o
máximo posible.
- Estate quedo e intenta
manter a calma, así non se propagará tan rápido o veleno.
- Quita as xoias e a roupa
axustada que leves, antes de que o teu corpo comece a incharse.
- Coloca, se é posible, a
ferida á altura do corazón ou por debaixo.
- Limpa a ferida con auga
e xabón e despois colócalle un apósito limpo e seco.
Precaucións que son moi
útiles:
- Non uses torniquetes nin
apliques xeo, pode ser prexudicial para a ferida.
- Non fagas cortes na
ferida nin intentes extraer ti só o veleno, pode facer que te produzas máis
dano.
- Non tomes cafeína nin
alcohol, iso podería acelerar o proceso de absorción do veleno.
- Non trates de capturar a
serpe. Memoriza a cor e a forma para podela describir; isto axudará ao equipo
médico para saber que antídoto teñen que aplicarche. Se xa chamaches a
emerxencias, como dixemos ao principio, e tes a posibilidade de sacarlle unha
foto a serpe, sácalla, para que sexa máis fácil identificala á hora de curarte,
pero sempre a unha distancia prudente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario