A profesora de Bioloxía e Xeoloxía propúxolle ao alumnado de 4º ESO B que crease grupos de WhatsApp relacionados co monte.
En cada grupo debía haber un administrador e tiñan que debater sobre un tema relacionado co monte e posteriormente gravar un vídeo, que incluíse a conversa.
A continuación aparecen dous vídeos coas gravacións de dúas conversas: unha sobre os incendios e outra dunha especie en perigo de extinción, a pita de monte (Tetrao urogallus).
Ningún comentario:
Publicar un comentario