Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A
Como as persoas, as estrelas nacen, crecen e morren. Os
seus lugares de nacemento son enormes nubes frías formadas por gas e po,
coñecidas como 'nebulosas'. Estas nubes comezan a encollerse por obra da súa
propia gravidade.
A medida que unha
nube perde tamaño, se fragmenta en
grupos máis pequenos. Cada fragmento pode finalmente volverse tan quente e
denso que se inicia unha reacción nuclear. Cando a temperatura alcanza os 10
millóns de graos, o fragmento convértese nunha nova estrela.
Tras o seu nacemento, a maioría das novas estrella
atópase situada no centro dun disco plano de gas e po. Gran parte do gas e po
acaba sendo varrida pola radiación estelar. Con todo, antes de que isto ocorra,
poden formarse planetas ao redor da estrela central.
Os vehículos
espaciais, como o Observatorio Espacial de Infravermellos (ISO) da ESA, son
capaces de detectar a calor proveniente de estrelas e planetas invisibles que
se están formando no interior desas nubes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario