Redacción e audio Diana Calvo Gallego, 1º ESO A
O tradicional e
famosísimo pemento de Padrón. Por que a marca é Herbón e non Padrón?
Porque Herbón é a parroquia (en Padrón) na que está o mosteiro que se supón que
empezou a cultivar estes pementos cando chegaron de América. A característica
máis coñecida dos pementos de Herbón é que uns pican e outros non (pero os que
pican fano de forma soportable para os
nosos padais, xa que na selección do produto elimínanse os pementos moi picantes). A forma clásica de preparalos
é fritilos en aceite abundante e logo servilos con sal gordo e aceite no prato para mollar o pan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario